29 outubro 2026
Sombreiros de bruxa e cabaciñas pintadas de pole
O cazapole
Un científico chegou hoxe ao cole cun invento do demo para roubarlle o pole as nosas abellas. Despois de rir aprendemos que é o pole, as súas funcións e colocámolo nunha das nosas colmeas, pero no cole sempre coas portas abertas🌺🐝.
23 outubro 2026
Samaín
Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazadas de meigas, momias e frankies! As nenas e nenos pasámolo moi ben facendo estas terroríficas abellas con materiais de refugallo!🐝🎃👻
22 outubro 2026
Cámara time-lapse
Pasaríamos horas vendo medrar aos cogomelos, sen o son do timbre e sen facer caso das agullas do reloxo. Xa nos gustaría, pero non podemos estar á todas horas no monte. Por eso colocamos unha cámara de time-lapse📹 para ver o crecemento dos cogomelos e aos amigos que veñen visitalos e ademais comprobar se teñen medo ao chegar a noite🌕.
19 outubro 2026
Curioseamos distintas especies
Coa ilusión de quen sabe dun cumpañeir@ novo agardamos polo cogomelo que virá hoxe visitarnos😋. As veces chegan con contos, outras con curiosidades, e nunca, nunca nos deixan de sorprender.
16 outubro 2026
Protexemos o patio
Tremendo e atenazadas, as abellas non queren saír ao patio a xogar con nós. Abrimos o protocolo de acoso contra as velutinas e preparamos e colocamos trampas con material de reciclaxe en lugares estratéxicos📍🐝💛.
02 outubro 2026
Imaxinamos e creamos
Ao chegar o outono🍂, tres mestr@s moi especiais ensinan aos nen@s. Muscarina, Edulio e Pantherina capturan a nosa atención e tamén nos rouban un anaquiño do corazón.
Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides
Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...
-
Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazad...
-
Ao chegar o outono🍂, tres mestr@s moi especiais ensinan aos nen@s. Muscarina, Edulio e Pantherina capturan a nosa atención e tamén nos ...
-
De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombre...

.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)