Amosando publicacións coa etiqueta ABELLAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ABELLAS. Amosar todas as publicacións

29 outubro 2026

Sombreiros de bruxa e cabaciñas pintadas de pole

 De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombreiros de bruxa de chocolate e démoslle cor con el. Mañá xa é Samaín no cole! 🐝🎃👻 Buuuuuuuu!

O cazapole

 Un científico chegou hoxe ao cole cun invento do demo para roubarlle o pole as nosas abellas. Despois de rir aprendemos que é o pole, as súas funcións e colocámolo nunha das nosas colmeas, pero no cole sempre coas portas abertas🌺🐝.

23 outubro 2026

Samaín

 Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazadas de meigas, momias e frankies! As nenas e nenos pasámolo moi ben facendo estas terroríficas abellas con materiais de refugallo!🐝🎃👻

16 outubro 2026

Protexemos o patio

 Tremendo e atenazadas, as abellas non queren saír ao patio a xogar con nós. Abrimos o protocolo de acoso contra as velutinas e preparamos e colocamos trampas con material de reciclaxe en lugares estratéxicos📍🐝💛.

01 outubro 2026

Observamos as abellas

 Descubrimos as diferentes abellas da colmea e coñecemos as súas funcións. Vemos patiñas pintadas de pole, onde gardan o mel, ovos e vermes, buscamos a raiña, escoitámolas zoar!🐝👂 

Distinguimos a raiña, abázcaros, avésporas, cabros, avesouros e velutinas.


 

30 setembro 2026

Coñecemos os apeiros

 Coñecemos os distintos apeiros que se utilizan no traballo e coidado das abellas. Facemos cóxegas cos cepillos de desabellar e afumamos con materiais orgánicos e secos de vaca🐄, sen danar as nosas abelliñas e facendonos escachar coa risa!

21 setembro 2026

Contos de abellas

 As abellas, que saben de contos que escoitaron de flores🌷, ventos💨 ou da lúa🌕, veñen cargadas de historias que nos encanta escoitar!

                                 

                               

Pintamos e vivimos nas colmeas

 No verán, cando o silencio inundaba a escola, comezou a escoitarse un zoar polos corredores🐝. As abellas chegaron pedindo axuda e as nenas e nenos comezamos a preparlle a súas colmeas con pinturas ecolóxicas. Tan amigos nos fixemos que buscamos oco na súa casa.

 

Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides

 Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...