Estreamos unha caseta para gardar a ferramenta que facilita á nosa cativada desfrutar do xogo simbólico. Carretillos, palas, sachos, angazos e caldeiros forman parte do noso apeiro.
20 maio 2026
13 abril 2026
Horta
A nosa hortiña🍓🍅🪻 é unha parte moi importante do noso cole, pintando coas cores das flores, perfumando cos arrecendos das aromáticas, enchendo os bandullos coas hortalizas e agasallando a dozura dos amorodos.
27 febreiro 2026
Castiñeiros micorrizados
Plantamos dous castiñeiros micorrizados🌳🌰🍄🟫 no patio do cole e enterramos unha cápsula do tempo con cousiñas moi especiais como unha foto do momento, un contiño dun vello castiñeiro, esperanza e desexos. Fixemos un mapa para atopala cando saía o primeiro boletus edulis, o primeiro matriculado oficialmente nun cole galego!
16 xaneiro 2026
Somos gandeiros
Somos un centro rural, somos de aldea e somos gandeir@s. Nun momento así, non podemos deixar de lado as nosas familias, ao mesmo que elas sempre están aí cando as precisamos. Este é un cole fogar e os nosos viñeron a repor enerxía e levar recordos que grabaron á ferro, amarrándose a eles para seguir loitando por tod@s nós!🐮🐽🚜
12 novembro 2025
Plantando árbores con pinceis
Hoxe foi un día moi especial. Os nosos amig@s, Marta, Natalia e Pablo de “Plantando Árbores con Pinceis” voltaron ao noso cole. Desta volta pintamos unha parede interior do edificio de secundaria con boletus, chouparros e cantarelas. Tamén grabamos eslogans en cubos de basura e sumideiros que nos fan pensar antes de tirar e pintamos bolsas de tea reutilizables para que acompañen as nosas familias a todas partes roubándolles un sorriso.
Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides
Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...
-
Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazad...
-
Ao chegar o outono🍂, tres mestr@s moi especiais ensinan aos nen@s. Muscarina, Edulio e Pantherina capturan a nosa atención e tamén nos ...
-
De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombre...
.png)
.png)
.png)

.png)