Estreamos unha caseta para gardar a ferramenta que facilita á nosa cativada desfrutar do xogo simbólico. Carretillos, palas, sachos, angazos e caldeiros forman parte do noso apeiro.
20 maio 2026
14 maio 2026
Saídas micolóxicas
Por fin chegou o momento máis agardado polas nenas e nenos do cole! Os cogomelos invitáronos ao seu fogar e con eles pasamos a mañán xogando as agochadas👀.
13 abril 2026
Horta
A nosa hortiña🍓🍅🪻 é unha parte moi importante do noso cole, pintando coas cores das flores, perfumando cos arrecendos das aromáticas, enchendo os bandullos coas hortalizas e agasallando a dozura dos amorodos.
25 marzo 2026
Castroconciencia
@s nen@s do Castro somos curios@s e facemos preguntas💡. Moitas veces non é sinxelo atopar unha resposta, pero dende o cole observamos, investigamos, experimentamos e sobre todo erramos. Só desta maneira formulamos as conclusións.
27 febreiro 2026
Castiñeiros micorrizados
Plantamos dous castiñeiros micorrizados🌳🌰🍄🟫 no patio do cole e enterramos unha cápsula do tempo con cousiñas moi especiais como unha foto do momento, un contiño dun vello castiñeiro, esperanza e desexos. Fixemos un mapa para atopala cando saía o primeiro boletus edulis, o primeiro matriculado oficialmente nun cole galego!
20 febreiro 2026
Plantación Chandrexa de Queixa
Petamos en moitas portas pedindo axuda. Na dos nosos amigos forestais, Alejandro e María que xa son parte deste cole, na dos veciños de Chandrexa e na do seu concello, na de medio rural e todas se abriron cun sorriso. Os nen@s do cole plantamos árbores autóctonas de fermosos nomes!🌱
06 febreiro 2026
Entroido
Este entroido tocaba ir de heroes, foi a nosa pequena homenaxe a medios aéreos, bombeir@s forestais, gandeir@s e homes e mulleres de protección civil que, sen dubidar, nos defenderon das temidas lapas cando todos tremíamos🔥🚒🚁.
Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides
Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...
-
Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazad...
-
Ao chegar o outono🍂, tres mestr@s moi especiais ensinan aos nen@s. Muscarina, Edulio e Pantherina capturan a nosa atención e tamén nos ...
-
De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombre...
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)