04 novembro 2026

Cámara time-lapse: Boletus 2

 Volvemos facer un video dunha familia de boletus🍄‍🟫. Desta volta o xabarín🐗 respectou a cámara📹, pero non as castañas!🌰😅 As babosas rillaron e as moscas tiveron a ben vir poñer ovos! As imaxes recollidas foron roubadas á natureza durante unha semana enteira do mes de outubro.

        

29 outubro 2026

Sombreiros de bruxa e cabaciñas pintadas de pole

 De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombreiros de bruxa de chocolate e démoslle cor con el. Mañá xa é Samaín no cole! 🐝🎃👻 Buuuuuuuu!

O cazapole

 Un científico chegou hoxe ao cole cun invento do demo para roubarlle o pole as nosas abellas. Despois de rir aprendemos que é o pole, as súas funcións e colocámolo nunha das nosas colmeas, pero no cole sempre coas portas abertas🌺🐝.

23 outubro 2026

Samaín

 Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazadas de meigas, momias e frankies! As nenas e nenos pasámolo moi ben facendo estas terroríficas abellas con materiais de refugallo!🐝🎃👻

22 outubro 2026

Cámara time-lapse

 Pasaríamos horas vendo medrar aos cogomelos, sen o son do timbre e sen facer caso das agullas do reloxo. Xa nos gustaría, pero non podemos estar á todas horas no monte. Por eso colocamos unha cámara de time-lapse📹 para ver o crecemento dos cogomelos e aos amigos que veñen visitalos e ademais comprobar se teñen medo ao chegar a noite🌕.

      

19 outubro 2026

Curioseamos distintas especies

 Coa ilusión de quen sabe dun cumpañeir@ novo agardamos polo cogomelo que virá hoxe visitarnos😋. As veces chegan con contos, outras con curiosidades, e nunca, nunca nos deixan de sorprender.

16 outubro 2026

Protexemos o patio

 Tremendo e atenazadas, as abellas non queren saír ao patio a xogar con nós. Abrimos o protocolo de acoso contra as velutinas e preparamos e colocamos trampas con material de reciclaxe en lugares estratéxicos📍🐝💛.

Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides

 Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...