20 febreiro 2026

Plantación Chandrexa de Queixa

 Petamos en moitas portas pedindo axuda. Na dos nosos amigos forestais, Alejandro e María que xa son parte deste cole, na dos veciños de Chandrexa e na do seu concello, na de medio rural e todas se abriron cun sorriso. Os nen@s do cole plantamos árbores autóctonas de fermosos nomes!🌱

06 febreiro 2026

Entroido

 Este entroido tocaba ir de heroes, foi a nosa pequena homenaxe a medios aéreos, bombeir@s forestais, gandeir@s e homes e mulleres de protección civil que, sen dubidar, nos defenderon das temidas lapas cando todos tremíamos🔥🚒🚁.

16 xaneiro 2026

Somos gandeiros

 Somos un centro rural, somos de aldea e somos gandeir@s. Nun momento así, non podemos deixar de lado as nosas familias, ao mesmo que elas sempre están aí cando as precisamos. Este é un cole fogar e os nosos viñeron a repor enerxía e levar recordos que grabaron á ferro, amarrándose a eles para seguir loitando por tod@s nós!🐮🐽🚜

12 novembro 2025

Plantando árbores con pinceis

 Hoxe  foi un día moi especial. Os nosos amig@s, Marta, Natalia e Pablo de “Plantando Árbores con Pinceis” voltaron ao noso cole. Desta volta pintamos unha parede interior do edificio de secundaria con boletus, chouparros e cantarelas. Tamén grabamos eslogans en cubos de basura e sumideiros que nos fan pensar antes de tirar e pintamos bolsas de tea reutilizables para que acompañen as nosas familias a todas partes roubándolles un sorriso.

13 outubro 2025

Facemos a nosa exposición

 O día que decidimos facerlle un oquiño no cole, entre follas, paus, musgos, piñas e pedras🍂🌰🍄.

Mulching e cámara de foto trampeo

 Fomos a Chandrexa de Queixa e tinguimos os pés de negro facendo mulching. Tamén pedimos nas tendas locais que nos conseguiron froita para os animais🐗🍊 que non tiñan que comer e colocamos unha cámara de foto trampeo📹 para ver se enchían o bandullo!


06 outubro 2025

Bolas de sementes

 Pedimos axuda a Noelia que nos conseguíu humus e arcilla en pó, Alejandro e María trouxeron as sementes e a palla. Os nen@s enlarafuzámonos facendo bolas para ter preparadas para a futura saída aos montes arrasados polo lume de Chandrexa de Queixa❤.

Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides

 Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...