15 novembro 2026

Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides

 Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron as trompetas dos mortos💀. Canto as botamos de menos! Se te fixas ben, poderás ver asomar unha pantasma👻, a Mycena Metata!

        

04 novembro 2026

Cámara time-lapse: Amanita Muscaria

 Desta volta grabamos ao cogomelo modelo🍄. Portada de guías e revistas, protagonista de contos, de lendas e de máxicos conxuros. Din dela que é a preferida de moitos pola súa beleza, incluso que Papá Noel🎅🏻lle copiou as cores!

        

Cámara time-lapse: Boletus 2

 Volvemos facer un video dunha familia de boletus🍄‍🟫. Desta volta o xabarín🐗 respectou a cámara📹, pero non as castañas!🌰😅 As babosas rillaron e as moscas tiveron a ben vir poñer ovos! As imaxes recollidas foron roubadas á natureza durante unha semana enteira do mes de outubro.

        

29 outubro 2026

Sombreiros de bruxa e cabaciñas pintadas de pole

 De moi lonxe viñeron hoxe as nosas abellas coas patiñas pintadas de pole. Déronnos a proba e gustounos tanto que fixemos cabaciñas e sombreiros de bruxa de chocolate e démoslle cor con el. Mañá xa é Samaín no cole! 🐝🎃👻 Buuuuuuuu!

O cazapole

 Un científico chegou hoxe ao cole cun invento do demo para roubarlle o pole as nosas abellas. Despois de rir aprendemos que é o pole, as súas funcións e colocámolo nunha das nosas colmeas, pero no cole sempre coas portas abertas🌺🐝.

23 outubro 2026

Samaín

 Nun tempo no que medran as noites e devecen os días, as ánimas das nosas abellas aproveitan para zoar polos corredores do cole disfrazadas de meigas, momias e frankies! As nenas e nenos pasámolo moi ben facendo estas terroríficas abellas con materiais de refugallo!🐝🎃👻

22 outubro 2026

Cámara time-lapse

 Pasaríamos horas vendo medrar aos cogomelos, sen o son do timbre e sen facer caso das agullas do reloxo. Xa nos gustaría, pero non podemos estar á todas horas no monte. Por eso colocamos unha cámara de time-lapse📹 para ver o crecemento dos cogomelos e aos amigos que veñen visitalos e ademais comprobar se teñen medo ao chegar a noite🌕.

      

19 outubro 2026

Curioseamos distintas especies

 Coa ilusión de quen sabe dun cumpañeir@ novo agardamos polo cogomelo que virá hoxe visitarnos😋. As veces chegan con contos, outras con curiosidades, e nunca, nunca nos deixan de sorprender.

16 outubro 2026

Protexemos o patio

 Tremendo e atenazadas, as abellas non queren saír ao patio a xogar con nós. Abrimos o protocolo de acoso contra as velutinas e preparamos e colocamos trampas con material de reciclaxe en lugares estratéxicos📍🐝💛.

02 outubro 2026

Imaxinamos e creamos

 Ao chegar o outono🍂, tres mestr@s moi especiais ensinan aos nen@s. Muscarina, Edulio e Pantherina capturan a nosa atención e tamén nos rouban un anaquiño do corazón.           

     

01 outubro 2026

Observamos as abellas

 Descubrimos as diferentes abellas da colmea e coñecemos as súas funcións. Vemos patiñas pintadas de pole, onde gardan o mel, ovos e vermes, buscamos a raiña, escoitámolas zoar!🐝👂 

Distinguimos a raiña, abázcaros, avésporas, cabros, avesouros e velutinas.


 

30 setembro 2026

Coñecemos os apeiros

 Coñecemos os distintos apeiros que se utilizan no traballo e coidado das abellas. Facemos cóxegas cos cepillos de desabellar e afumamos con materiais orgánicos e secos de vaca🐄, sen danar as nosas abelliñas e facendonos escachar coa risa!

21 setembro 2026

Contos de abellas

 As abellas, que saben de contos que escoitaron de flores🌷, ventos💨 ou da lúa🌕, veñen cargadas de historias que nos encanta escoitar!

                                 

                               

Pintamos e vivimos nas colmeas

 No verán, cando o silencio inundaba a escola, comezou a escoitarse un zoar polos corredores🐝. As abellas chegaron pedindo axuda e as nenas e nenos comezamos a preparlle a súas colmeas con pinturas ecolóxicas. Tan amigos nos fixemos que buscamos oco na súa casa.

 

14 setembro 2026

Ecocontos

 Xan Lacazán, o noso ourizo da biblio, ten localizados moitos libros cos que podes viaxar por mundos naturais máxicos sen danar o medio, nun vehículo imaxinario de combustión verde! Sintoniza a radio que soa María Fumaza!

                       

                                           

Contos dos cogomeheroes

 Eses pequenos fungos máxicos convértense en heroes salvando a humanidade en situacións moi difíciles nas que parecía que xa todo estaba perdido! Grazas🍄‍🟫🙏!

27 agosto 2026

Portas a un mundo máxico

 Existen portas especiais que levan á lugares máxicos. No cole temos dúas e, ao atravesalas, entramos nun mundo fascinante, o dos cogomelos!🍄

20 maio 2026

Ferramentas

 Estreamos unha caseta para gardar a ferramenta que facilita á nosa cativada desfrutar do xogo simbólico. Carretillos, palas, sachos, angazos e caldeiros forman parte do noso apeiro.

14 maio 2026

Saídas micolóxicas

 Por fin chegou o momento máis agardado polas nenas e nenos do cole! Os cogomelos invitáronos ao seu fogar e con eles pasamos a mañán xogando as agochadas👀.

13 abril 2026

Horta

 A nosa hortiña🍓🍅🪻 é unha parte moi importante do noso cole, pintando coas cores das flores, perfumando cos arrecendos das aromáticas, enchendo os bandullos coas hortalizas e agasallando a dozura dos amorodos.

Cámara time-lapse: Craterellus cornucopioides

 Comezaran a medrar as noites e devecer os días. Coa escuridade chegou o Samaín, o día das ánimas e dende as profundidades da terra xurdiron...